Bo nadal


Deséxovos un bo nadal a todos e que Papa Noel vos traia moitos reghalos, jejeje e tamen como di a cancion saude, cartos e amor.
Hai moito que non renovo o blog, pero e que por Cela non pasa nada fora do normal, menos hoxe, que seguramente andara a xente polas portas das casas a cantar a "Cancion do Nadal". Dadelle un bo aghinaldo, que o fan moi ben.
Chaue e bo nadal!!!

Xoves libre



Como cada semana, o xoves temos libre pola tarde. Este en particular quixemolo facer distinto, (por celebrar algo) xa que andamos un pouco de capa caida. Pois subimos pra Chans cunha botella de sidra (o champan non nos ghusta, jijiji) e un balon pra pasar un pouco a tarde. Moito non xogamos pero rimos canto quixemos, jajaja. Pasamolo do mellor.
Estou en tempo de reflexion, intentando superar esta melancolia que me sume por momentos... e que mellor sitio que cos amigos. Hai que alegrarse^^
Veña ata outra!!!

P.D. A idea de Ali hai que poñela en practica, temos que topar un dia que coincidamos todos (vai ser algho chungo), pero hai que intentalo. poñede nos comentarios as ideas que se vos vaian ocurrindo.

Beillador no paro


Isto de non poder bailar, falando en plata é unha merda. Estou vivindo unha vida a medias, estou pensando todo o dia no mesmo e non sei como remedialo, sniff!!. Se alguen me quere botar unha man, estou aberto a calquera cousa pra intentar remediar esta situación. Teño unha cadea invisible o meu arredor, que me impide disfrutar das pequenas cousas.

Festas de San Martiño de Bueu


Ola outra vez, seguimos o pe do cañon. Desta vez aprobeito pra desearlle sorte a Punkto Debil, xa que nel está un amijiño de futbolin (jejeje) que palizas nos da, case sempre que xogamos teño que pasar por debaixo da mesa :P.
A ver cando teño algo de tempo e nos pasamos a botar unha partidiña, que xa fai tempo que non xogamos.
Moita sorte!!!
Deixovos unha cancion deles, que a desfrutedes.

aWiijetas 2ª parte


Este fin de semana uns amiwiiños mais eu, estubemos probando o novo xogo de "Star Wars El poder de la Fuerza". Pois ben, se o de boxeo deixaba unhas agujetas impresionantes, non vos podedes imaxinar este, o martes inda me doia o brazo esquerdo, iso si unha pasada de xogo.

Isto da Wii é o mellor invento pra entreterte un pouco e pasar o rato cos amigos, xa que interactuas un monton co xogo, sempre estas en movemento, as risas que te botas... e os piques entre nos, sen desperdicio jajajaja.

Eu case sempre acabo enfurruñado co Mario Kart, jijiji.


P.D. Pra pasalo ben, o mellor é estar en boa compañia.

Estadisticas

Parece mentira, pero xa lebo 2 anos e 4 meses neste novo traballo, por se alguen inda non o sabe teño un bar de tapas, (isto non é propaganda, jejeje), e teño que dicir que a xente e moi, moi, moooi comoda. Non sei debe de ser algunha clase de chip ou algo asi que temos no corpo pero e chegar os cuarenta e pico cincuenta e volvense totalmente ........ e como se ti foras unha clase de esclavo ou algo parecido.
Tamen teño que dicir que a mellor idade esta entre os 20 e os 35 despois empezan xa a dar sintomas de comodidade pero non e pra tanto. Pra que despois os vellos digan que a xente xove somos uns maleducados, e non temos respeto ningun pola xente vella, pois eu penso totalmente o contrario, que deberian de ser eles os que se aplicaran o conto.

Ai vos queda a miña opinion sobre a xente en xeral e bueno quen di todos todos di alguns, jajaja.
P.D. abro nova etiqueta na que vos irei contando as cousas que me pasan no traballo.

Ola de novo!!!

Canto tempo blogeiros, despois dun vran moi axetreado estou de novo "o pé do cañon", de primeiro só quero pedir desculpas pola tardanza no renovar deste meu blog. Foi un vran movidiño e non tiña tempo pra nada, levo como uns 4 meses sen bailar e teño un "mono"...
Bueno pois xa vos irei contando porque outra cousa non pero anecdotas, teño un monton delas, a vida nun bar eche asi de curiosa.
Saudiños a todos!!!

A festa do Carme^^


Pois aqui estou de novo, despois dun mes sen poñer nada, teño o blog bastante abandonadiño.
A verdade e que tampouco teño vida social no vran, o bar tenme bastante atarefado. levantarse, abrir o bar ir pra casa as tantas e durmir, e volta a empezar.
Non me enrrollo mais, deixovos unha foto da procesion, por que pasou por diante do bar, senon xa non os miraba.
Veña, deica outra!!!

P.D. Loareiros, deixademe alghun comentario, pra saber de vos, QUERO BAILAAAAAAR!!!!, seghuro que o fillo de Bego xa baila e todo^^
P.D.2. Hoxe hai festiña na praia, animadevos!!!

Un dia de descanso


O xoves pasado, fomos dar un paseo, xa que tiñamos libre o resto do dia. O noso destino foi O Rosal, xa que uns dias antes fora a buscar viño Albariño alá e gustarame o lugar. Subimos o mirador do niño do corvo, as vistas eran bastante boas.
Tamen estubemos na Guardia, na praia do Muiño ( creo q se chamaba asi).

Tampouco e que viramos moito, pero o dia en si sentounos de marabilla, sen preocupacions, totalmente desenchufados das responsabilidades.
Ire iva a sua bola, facendo o seu bikini de ganchillo, que lle está quedando bastante ben porcerto, jejeje.

P.D. Botamoste de menos PELUSILLA

no + alá hay unha marcha...



Despois dun tempiño sen actualizar, aqui vos deixo un video boisimo, parece que esta vivo, jejeje
seguro que ten moita practica pra poder movelo asi. Miradeo ata o final, ata chora se non lle botan cartos.

I Concurso de Pandereteiras


O próximo día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa "envergadura", o 1º concurso de pandereteiras LOAIRA. Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.
Mais info aqui

Buscanse beilladores!!!



Ola, abro este post para bucar como di o titulo a xente que esté interesada en bailar (baile tradicional), tanto homes como mulleres. Se xa estades en algun grupo, non importa.
Veña animadevos, pasaramolo moi ben
P.D. Se tedes algunha dubida, deixar un comentario.

Unha tarde no Monte Alba

Casualidades da vida


Hai veces, que se non o ves non o cres. Mira que toparnos con uns amigos en Londres... xa é coincidencia. Resulta que eles sairan o sabado, e nos xa sabedes o martes. Topanos a volta no aeroporto jjijijijij. Iria dicia: ... debe ser co sono que teño que xa stou vendo a Damián. Pois non, non era o sono.
Inda nos botamos unhas risas.

Mais fotos en Londres



Aqui vos deixo unha pouquiñas mais, que antes so puxen 2 jejejeje

Un dia en Londres




Como o propio nome do blog indica, case sempre ando a fume de caroso, jejeje. Este martes dia 8 fomos pasar un dia a Londres (nun destes vos baratos de Ryanair), e alí estabamos os tres perdidiños Ire, Silvia e mais eu. Faltaba unha persoa nesta aventura, pero por casualidades da vida ese dia puxeronlle un exame e non pudo vir, pobriña Deli.


Nun dia non e que se poida ver moito, pero inda así fomos lixeiriños pra non perdernos nada jejeje. Aqui vos deixo unhas pouquiñas fotos.



P.D. Imaxinadevos o pouco tempo que tiñamos, que tuvemos a mala sorte de que se nos retrasou o tren do aeroporto a cidade.


P.D.2 Ghrasiñas primo polos consellos, serviron de moito. jejeje


P.D.3 Se alguen se anima a facer unha aventura coma esta, coller unha travel card (sirve tanto para o metro como para o bus), e sae moi rentable

Escapada a O Porto



Onte foi o aniversario de Silvia, e decidimos ir a dar unha volta por aí, o noso destino foi O Porto. Tiñamos previsto sair a iso das 10:30, pero en realidade eran as 12:15 cando saimos de Bueu. A viaxe fixose algo longa de mais, pero todo iba vento en popa. Chegamos a iso das 14:00 e xa empezamos a buscar sitio pa comer, busca que te busca pa acabar comendo nun Mc Donals. A comida estaba boa, polo menos a miña ensalada e ademais a min tocoume un postre de regalo, jijiji...

Despois de encher a barrigha, fomos a dar unha volta, empezamos pola costa, tiñamos que ver esas extrañas vistas de mar aberto que aquí non temos e decidimos aparcar o coche o lado.

Isto é o mellor, porque como estabamos ó lado, pensamos en ir so coa cámara e unha "persoa" cerrou o coche o sair e meteu as chaves no bolso, tiñamos o maletero aberto e puxemos todas as cousas alí pa non ter q andar a cargar cos bolsos. Cerramos o coche e SORPRESA!!!!!! o bolso onde estaban as chaves quedou dentro... NOOOOOOON.

O noso día de vacacions en O Porto resultou ser o noso dia medio tirados en O Porto, jjujujujuj.
Menos mal q topamos un taxista moi boiño que xa nos buscou el un concesionario, tal e tal...

O final conseguiron abrirnos o coche e non nos cobraron nada, porque se fora polo seguro do coche xa nos mirabamos durmindo nun banco.
P.D. Inda o pasamos ben, gracias o concerto co que nos deleitou Ire con letra e baile incluidos, o estribillo era " estamos tirados en O Porto" jujuju

Cancións da nosa infancia


Onte xurdiu unha idea na cabeza de Deli... facer unha recopilación das cancións que nos gustaban cando eramos mais pequenos, non dos debuxos, senon esas cancións que bailabamos todos xuntos diante do palco nas festas, e cantabamos nos recreos do colexio...


Así que se vos recordades algunha que vos gustase moito, deixádea nos comentarios, e así axudarédesnos a facer esta pequena recopilación.


Proxecto en colaboración con Alma Viaxeira.

A pelusilla marchou....



Despois de tantos dias en internet buscando ofertas de traballo, indo a entrevistas, mandando C.V.
chegou a recompensa, un traballo en Madrid. Bueno a espera foi recompensada, Espero que che vaia ben e que nos invites a pasar uns dias alá. jujujuju.
P.D. Votamoste de menos, pero un solo un pouco^^

O Berce das fadas


Navegando pola rede, botandolle unha ollada os blogs de Pontevedra, atopeime con uns blogs moi chulos, jejeje. Tiñan o nome do blog como rastro do rato, e todo este tipo de cousas a min chamanme a atencion. Esta moi ben feitiño, e foi ela a que me axudou (bueno a que mo fixo min) a poñer tamen no meu blog o rastro do punteiro do rato.
Botadelle unha ollada, non ten perda

Chegou o ghran dia!!!


Onte foi un dia feliz, saleu a venta o 7º libro de Harry Potter. Fomos correndo as 18:25 a libreria a espera de que xa se poidera comprar, e ali estaba tan bonitiño, exposto no escaparate da libreria. Compramos 2 libros, un pa Silvia e outro pa min (pra non ter que estar a esperar a que o primeiro que o lea acabe) marchamos pa casa contentiños coma cucos.

Pero non todo foi felicidade cando a noite, nos informativos de a3, sale a noticia de que salira a venta o libro e a reporteira moi posta no seu papel comenta que e un Boom!!! comercial, tal e tal.... Eu seguia feliz pola publicidade que lle daban ata que a reporteira di: e este é o final da tan esperada saga. E a moi IDIOTA di a ultima frase, se non fora importante vale, pero e que é importantisima. Creo que lle deberon de pitar os oidos porque empezaron a salir unha serie de insultos polas nosas bocas...

P.D. menos mal que xa o lera, pero poñome no papel dos que non, pobriños!!!

Entroido 2008 Bueu




Este ano habia de todo, o desfile foi moi bo, desde os mais elaborados ata os vascalleiros, ( é mascalleiro, pero en Cela de onde son eu sempre se dixo vascalleiro)

O buscador jallejo!!!


O novo buscador jallejo xa está aqui ¡¡¡Jujel!!!

Unha espera casi interminable....



Despois de anos esperando o remate desta longa historia, chega o seu fin o 21 de Febreiro de 2008,

Hary Potter y las reliquias de la muerte
si que lle costou a traduccion do libro, todo un ano!!!. Estou un pouco molesto con este tema, porque xa que era o ultimo libro, terian que lanzalo o publico en todolos idiomas o mesmo dia...

P.D. Supostamente o libro estará a venta a partir das 18:30.

A ritmo da Bomba



Deixovos un video, dun xogo do que estou un pouco viciado, jejeje. Descubrino navegando pola rede, e fixome moita gracia. Inda que solo teñen que ver co xogo os persoaxes, o video está xenial.
Un saudo a todos os GUILDWARS-ADICTOS, e o clan no que estou Os Linces.

Escapada a Cantabria

Despois dun longo ano traballando, todos merecemos unhas vacacions, o noso destino foi Cantabria, jijijijiji. Isto foi alá polo 2006, a ver se vos gustan.

Mi paraguas



Aqui vos deixo un video de Rihanna traducido o español. Seguro que vos pardides o cu, non ten perdida.

P.D. A cantante ten unha voz... indescriptible, jejejeje
P.D.2. Volvo a estrenar etiqueta, xa teño xeral, libros e xogos.

Un mundo sin fin




Xa terminei de ler o libro Un mundo sin fin, e pareceume mellor ca o primeiro Los pilares de la tierra. A estructura e case igual o primeiro, pero con un monton de pequenas historias, nos que houbo momentos nos que me deron ganas de tirar o libro polas inxustizas que lle pasan a alguns personaxes, pero bueno non digo nada mais, senon contareivos o final. Anímovos a ler tanto o primeiro como o segundo.

aWiijetas


Este luns pasado, como tiñamos libre todo o dia, quedamos pa votar unhas partidas a Wii,
pasamonos toda a tarde dandolle o tema. Pero pobre de nos que non tiñamos nin idea que o dia seguinte todos estariamos tesos como paus. Moverse era toda unha aventura.
A min inda hoxe, a xoves me doen as costillas e os brazos.
Isto de sentarse no sofa, mentras vicias un pouco xa é historia, porque outra cousa non faras pero moverte...

Seguro que destro de pouco os medicos xa che recetan:
Comida san e 30 minutos de Wii pra exercitar o corpo. jejejeje

Ou faran xogos de aerobic, pilates e cousas coma esas, o mellor xa as hai pero eu inda non escoitei nada
un saudiño!!!

Propositos para o ano novo

Os meus 12 propositos para este ano son:

  1. Reciclar mais (o noso planeta necesitao)
  2. Deixar de ser tan timido (algo que non me gusta de min, xa que che cerra moitas portas)
  3. Decir o que penso
  4. Deixar de fumar (isto non creo que o consiga^^)
  5. Pasar mais tempo coa xente que quero
  6. Ser mais seguro cando estou bailando (isto vai a ser mais dificil ca deixar de fumar)
  7. Aforrar mais, inda que vendo como estan as cousas vai ser imposible.
  8. Aprender ingles.
  9. Pasalo ben
  10. Disfrutar
  11. Bailar sen parar
  12. Cantar
Os catro ultimos son os mellores e os que primeiro vou a consegurir (creo), tocamos madeira jejeje. Aghora tócache a ti, ¿cales son os teus?