Xoves libre



Como cada semana, o xoves temos libre pola tarde. Este en particular quixemolo facer distinto, (por celebrar algo) xa que andamos un pouco de capa caida. Pois subimos pra Chans cunha botella de sidra (o champan non nos ghusta, jijiji) e un balon pra pasar un pouco a tarde. Moito non xogamos pero rimos canto quixemos, jajaja. Pasamolo do mellor.
Estou en tempo de reflexion, intentando superar esta melancolia que me sume por momentos... e que mellor sitio que cos amigos. Hai que alegrarse^^
Veña ata outra!!!

P.D. A idea de Ali hai que poñela en practica, temos que topar un dia que coincidamos todos (vai ser algho chungo), pero hai que intentalo. poñede nos comentarios as ideas que se vos vaian ocurrindo.

Beillador no paro


Isto de non poder bailar, falando en plata é unha merda. Estou vivindo unha vida a medias, estou pensando todo o dia no mesmo e non sei como remedialo, sniff!!. Se alguen me quere botar unha man, estou aberto a calquera cousa pra intentar remediar esta situación. Teño unha cadea invisible o meu arredor, que me impide disfrutar das pequenas cousas.

Festas de San Martiño de Bueu


Ola outra vez, seguimos o pe do cañon. Desta vez aprobeito pra desearlle sorte a Punkto Debil, xa que nel está un amijiño de futbolin (jejeje) que palizas nos da, case sempre que xogamos teño que pasar por debaixo da mesa :P.
A ver cando teño algo de tempo e nos pasamos a botar unha partidiña, que xa fai tempo que non xogamos.
Moita sorte!!!
Deixovos unha cancion deles, que a desfrutedes.

aWiijetas 2ª parte


Este fin de semana uns amiwiiños mais eu, estubemos probando o novo xogo de "Star Wars El poder de la Fuerza". Pois ben, se o de boxeo deixaba unhas agujetas impresionantes, non vos podedes imaxinar este, o martes inda me doia o brazo esquerdo, iso si unha pasada de xogo.

Isto da Wii é o mellor invento pra entreterte un pouco e pasar o rato cos amigos, xa que interactuas un monton co xogo, sempre estas en movemento, as risas que te botas... e os piques entre nos, sen desperdicio jajajaja.

Eu case sempre acabo enfurruñado co Mario Kart, jijiji.


P.D. Pra pasalo ben, o mellor é estar en boa compañia.