Escapada a O Porto



Onte foi o aniversario de Silvia, e decidimos ir a dar unha volta por aí, o noso destino foi O Porto. Tiñamos previsto sair a iso das 10:30, pero en realidade eran as 12:15 cando saimos de Bueu. A viaxe fixose algo longa de mais, pero todo iba vento en popa. Chegamos a iso das 14:00 e xa empezamos a buscar sitio pa comer, busca que te busca pa acabar comendo nun Mc Donals. A comida estaba boa, polo menos a miña ensalada e ademais a min tocoume un postre de regalo, jijiji...

Despois de encher a barrigha, fomos a dar unha volta, empezamos pola costa, tiñamos que ver esas extrañas vistas de mar aberto que aquí non temos e decidimos aparcar o coche o lado.

Isto é o mellor, porque como estabamos ó lado, pensamos en ir so coa cámara e unha "persoa" cerrou o coche o sair e meteu as chaves no bolso, tiñamos o maletero aberto e puxemos todas as cousas alí pa non ter q andar a cargar cos bolsos. Cerramos o coche e SORPRESA!!!!!! o bolso onde estaban as chaves quedou dentro... NOOOOOOON.

O noso día de vacacions en O Porto resultou ser o noso dia medio tirados en O Porto, jjujujujuj.
Menos mal q topamos un taxista moi boiño que xa nos buscou el un concesionario, tal e tal...

O final conseguiron abrirnos o coche e non nos cobraron nada, porque se fora polo seguro do coche xa nos mirabamos durmindo nun banco.
P.D. Inda o pasamos ben, gracias o concerto co que nos deleitou Ire con letra e baile incluidos, o estribillo era " estamos tirados en O Porto" jujuju

Cancións da nosa infancia


Onte xurdiu unha idea na cabeza de Deli... facer unha recopilación das cancións que nos gustaban cando eramos mais pequenos, non dos debuxos, senon esas cancións que bailabamos todos xuntos diante do palco nas festas, e cantabamos nos recreos do colexio...


Así que se vos recordades algunha que vos gustase moito, deixádea nos comentarios, e así axudarédesnos a facer esta pequena recopilación.


Proxecto en colaboración con Alma Viaxeira.

A pelusilla marchou....



Despois de tantos dias en internet buscando ofertas de traballo, indo a entrevistas, mandando C.V.
chegou a recompensa, un traballo en Madrid. Bueno a espera foi recompensada, Espero que che vaia ben e que nos invites a pasar uns dias alá. jujujuju.
P.D. Votamoste de menos, pero un solo un pouco^^

O Berce das fadas


Navegando pola rede, botandolle unha ollada os blogs de Pontevedra, atopeime con uns blogs moi chulos, jejeje. Tiñan o nome do blog como rastro do rato, e todo este tipo de cousas a min chamanme a atencion. Esta moi ben feitiño, e foi ela a que me axudou (bueno a que mo fixo min) a poñer tamen no meu blog o rastro do punteiro do rato.
Botadelle unha ollada, non ten perda